top of page

Cuarteto Caramuxo

 

O Cuarteto Caramuxo é sexteto formado por catro clarinetistas, un acordeonista e unha percusionista que reinterpretan a música tradicional galega dende una óptica contemporánea na que se mesturan unhas composiciones elaboradas cunha grande delicadeza e cheas de connotacións a todo tipo de estilos musicais, unha instrumentación sorprendente nun grupo de música folk e unha coidada posta en escena derivada da súa experiencia en espectáculos teatrais.

 

Na traxectoria do Cuarteto Caramuxo foi galardonado cun Premio María Casares de Teatro pola música no espectáculo Vento Mareiro (2006), Premio Concurso Folk Cancioneiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza (2008)  publicando o seu primeiro disco “Tiruriru”, Premio Opinión de Música Folk (2010), segundo clasificado no concurso Runas 2014 do Festival de Ortigueira e recentemente Premio Martin Codax da Música Galega ao mellor grupo de música folk 2014 do cal tamén foron finalistas da edición do 2013, no ano 2015 sacan ao mercado o seu segundo traballo !Arrieiros Somos".

 

Cuarteto Caramuxo son:

Xulia Feixoo, percusión

Marcos Padrón, acordeón

Felipe Agell. clarinetes requinto e soprano

Xoán Carlos Vázquez, clarinete soprano

Oscar Prieto, Clarinetes soprano e baixo

Fernando Abreu clarinetes soprano Baixo e contrabaixo

 

 

foto interior.jpeg
bottom of page