Unha volta. A música non é só música. Outra volta. O clarinete non é só un instrumento. Reviravolta. Galiza existe porque existimos nós, e porque antes de nós existiron outras. Outras clarinetistas feitas clarineteiras porque a tradición oral sempre foi importante. Clarineteiros coma Abelardo de Paredes, que de solteiro facía trinta quilómetros coa bicicleta para ir ensaiar os Reis coas mozas do Cabalo. Coma Joaquín O Quinillas de Comboa, que ía relevar ás pandeireteiras tocando nas fiadas das aldeas de Soutomaior. Ou coma Andrés Muíño, que tan ben tocou canda o gaiteiro de San Cosmade na festa de Mercurín do 1965, aquelas jotas e muiñeiras que gardou para sempre na gravadora un danés ben curioso.
Clarineteiros coma os do Cuarteto Caramuxo, que deron en ir ao fondo da cuestión, á raíz do que somos, para coller aquela materia prima e darlle unha, dúas, tres reviravoltas, ata que aquela música que non é só música faga que os seus clarinetes que non son só instrumentos digan xustamente o que estes seis musicazos queren dicir. Con liberdade. Con identidade. Con orgullo de seren elos na historia dun instrumento aínda por reivindicar dentro da nosa tradición oral. Alalás que son rumbas, canteiros no Caribe, trance trad acústico… reviravoltas con selo de seu, de música galega da boa. Unha reviravolta polo medio, outra polo arredor-e… así fai o Cuarteto Caramuxo. Veñan moitas máis.
Guillerme Inácio
Deseño Macarena Montesinos
Fotografía: Mariña Prieto
(0224, CS) Romance de cegos con retrouso “Tres comadres”.
(0223b, CS) Romance de cegos con retrouso “La merienda de las tres”.
(0059.2, CS) Alalá cantar de Pobra de Trives.
Tres comadres sentadas nun banco. Escoitan música e, de súpeto, elefantes, equilibristas, leóns, malabaristas! Saltimbanquis coas súas reviravoltas. E así como chegaron, marcharon... e alí quedan as tres comadres merendando.
(0651, CS) Punto de jota.
(0010, CS) Alalá de Salvaterra.
Xogar. Xogar a ser pandeireteiras. Xogar co ritmo das pelicas na man. Xogar ata aghotárense.
(0248, CS) Cantar de cego con violín e lazarillas.
(0387, CS) Cantar dos canteiros.
Viaxe a cegas dende o país granítico até as illas caribeñas, buscándonos dende a outra beira. Voltamos coa rumba na bagaxe.
(0326, CS)
Confesións íntimas de dous que buscan atoparse nalgures. Coma a folla da gadaña, un vaivén de emocións na procura da calma.
“E o galego que non fala a lingua da súa terra, non sabe o que ten de seu…”. Vinte anos despois, se cadra, a mensaxe aínda é máis necesaria.
​
Sempre pensamos que Caramuxo e Mercedes Peón misturarían ben. Agradecémoslle o cariño co que aceptou o noso convite e agardamos que esta colaboración sexa o comezo dunha longa amizade!
(0247, CS) “Miña prima, miña prima”.
É o día do patrón. No torreiro soa este pasodobre. As parellas beillan agarradas. A señora Basilisa da Pereira, mentres terma da cunca, pensa: “Os fillos de miña filla, meus netos son. Os fillos de meu fillo, poden ser ou non”.
De como un alalá de Poio que ía para rumba, quedou en Chicken’s.
“Enemigos de la gaita son todos esos chismes más o menos armoniosos que [...] la suplantan en toda ocasión y en todo lugar [...]. Y la charanga, a veces con honores de música pueblerina, sentó triunfadora sus reales en la aldea e inició a sus moradores en el «fox» y en el cuplé y les aficionó al lascivo y degradante «magreo»”.
“La rehabilitación de la gaita”. Manuel Martínez publicado no Faro de Vigo o 23 de Agosto de 1925 .
(0388, CS) De canteiros de Augasantas.
“Vamos todos! Vamos con alma! Todos a tempo! Non afloxar! Arriba con ela! Valentes todos! Ora, que vai! Arriba!”
Arrimar o ombreiro. Todas xuntas. Cada vez con máis forza. Máis forte. Xa!
(0225, CS) Cantar de cegos xacobeos na Porta Santa, nº 1.
Música electrónica sen enchufes. Arde o torreiro en puntos de muiñeira.
Abrindo portas…
CRÉDITOS
CUARTETO CARAMUXO somos:
Xulia Feixoo: percusións.
Marcos Padrón: acordeón.
Felipe Agell: clarinete.
Xoan Carlos Vázquez: clarinete.
Oscar Prieto: clarinete baixo.
Fernando Abreu: clarinete e clarinete contrabaixo.
E na distancia, Patricia Cela.
Coa colaboración especial de Mercedes Peón: voz e pandeireta en “De seu” e pandeiretas en “Santa Porta”.
Marilú Campos: percusión miuda en “Rock chas”
Jose A. Vilas: electrónica en Santa Porta
Composicións e arranxos do Cuarteto Caramuxo baseadas en melodías recollidas no Cancioneiro de Casto Sampedro (CS), agás “De seu”, composición orixinal de Mercedes Peón.
Gravado no estudo Planta Sónica (Vigo) por Pancho Suárez de Lis e Jose A. Vilas en xullo de 2021.
Mesturas e masterización: Jose A. Vilas
Deseño e maquetación: Macarena Montesinos.
Fotografía: Mariña Prieto.